100. D’hoxe nun ano!!

arriba esa criu do teMazo!!Fooorzaaa!

Son xa 100 post no blog…
moitas cancións, discos, maquetas, mixtapes, videos,
anuncios de concertos e caralladas variadas.
Pero…o millor está por vir!!

Sen celebración nin hostias. Esta semana tócalle á nova
mixtape de Marcelino Brown, a “Noite Maluca”.
Segunda da serie das sesións da taberna O Pozo.
Pistas chegadas de Angola, Moçambique, Brasil e Cabo Verde
pra facerche menea-lo pandeiro.
Cas portadas cortesia do mestre Sokram, membro de DKTC e Mutante Creativo!!!
E en marzo, o venres 30 sesión Bigotuda no Pozo, Noite Oriental!!

PD: Desculpar se vedes cousas raras nos textos, algunhas grafías
tolearon, estamos a traballar pra ter todo mallado de novo.
Haiche moito fillo de puta…

A lista de temas da Noite Maluca:

Dji Tafinha – Esse boy é bom
Pupilos do Kuduro – Ta bater
Turbo Trio – Terremoto
Puto Saborosa – Está bom
Waguinho – Academia de Furação I
Cesária Évora – Más um sonho
Margareth do Rosário – Meu marido ‘ai José’
Rainha da Sucata – Guess what (feat. Mell Baby)
Puto Prata – Podes bazar
Buraka Som Sistema – Aqui para vocês
Movimento Funk Club – Rebolar o bum-bum
Mr.Catra – O retorno contra ataca
Almilckar & Chocolate – Som de preto
Claudinho e Buchecha – Gostosa
Zuzuka Poderosa – Entra e sai (Sonora remix)
SD Boys – Planeta dominado
Roberto Carlos Vs. Armand Van Helden – Amigo phenomena (DJ LK mashup)
Mc Buiu – Ela balança mais não para
Sabbo feat. MC Thiaguinho – Tamborzuda
Edu K – Popozuda Rock N’ Roll (Edu K 2012 remix)
DJ Cleber Mix feat. MC Mayara – Aquecimento da Mayara
Daft Punk – Oh yeah!
DJ Marlboro feat. Dedê – De quatro, de lado
Riva Starr + Dj Panko – Quero buceta (feat. Duda Siri)
Model 500 – The chase
A Bruxa – Melô do get in boy (montagem)
As Danadinhas – Amo muito tudo isso
Cidinho e Doca – Rainha do baile
Gala – Freed from desire
Cidinho e Doca Vs. Zombie Disco Squad – Dança-Rap do zumbi das armas (Marcelino Brown’s “Vocoder Plus” mashup)

99.Autotuning tropicale

encher á madriña de pura caipirinha

Malandrómeda publicaron este mes un remexo novo do tema
Que nos leve pra diante“.
Cumbia e reggaeton da man pra facernos bailar e empezarlle
a semana de carallada. Colle 4 minutos de vacacións!! PLAY!

98.A noite do güiro

buena coca, buena mota

Marcelino Brown AKA Bigote Mix traenos unha nova mixtape
chamada “A noite do güiro“, un resumo dunha das sesións
temáticas que fai na taberna O Pozo. Desta vez adicada á
güiro, un instrumento de percusión que non pode faltar nas
músicas con máis saborrr.

Anunciarvos tamén 2 datas de Febreiro:
-Venres 24, Bigote Mix “Noite Maluca”, O Pozo, Santiago.

O CONCERTO DOS Juanito Broders DÓ Sábado 25 NO Hervor&Fervor, Santiago.
QUEDA APRAZADO, AVISAREMOSVOS DA DATA DEFINITIVA

Estes son os temas da mixtape “A noite do güiro”:

xxx – xxx
Petardo – Dembowcumbiastep
Marcelino Beat 01
Los Mirlos – El agua de mi jerón (DJ Chakruna Remix)
DJ Javier Estrada – Fucked Up Cobra
Aniceto Molina – Negra Caderona (Nixtamal Remix)
DJ Lengua – Frontera
Mariachi México – La Derrota de Damasco
Marcelino Beat 02
Javier Estrada & Boogat – Ta Violento (Ruffmix)
Dany F – Landmine
Lemaire y su Klan – Mar y Sol
Marcelino Beat 03
Pedro Laza y sus Pelayeros – La Cosecha de Mujeres
Cabo Blanco – La Fiesta
Los Destellos – La China Marí­a
MYD – Victoria (BIG OH Moombahton Edit)
Daniel Haaksman – Puerto Rico (Neki Stranac Moombahton Mix)
Interludio
Rufo Garrido y su Orquesta – La Paloma
Marclino Beat 04
Cabo Blanco – La Candela Viva
El Gran Compres – Chepe
Los Chichos – Yo te Enseñé a Volar (Marcelino Foceishon)
Meneo – Papi
Elo & Fokn – Bois-Aha Aha feat. Sena (URH Remix)
Amor Indio – Chivato Bailarín
Tropical Terror – Mucho Fiesta Loca (Original Mix)
Jossie Esteban – El Moreno
Chito Rock – Timbara
Beat Buffet – Ritmo Violento

97.Sigues cheirando!

como se meneeaa, como se meneeeaaaa

Novo episodio deste duelo remexistico dos Fluzo, chamado “Follas novas, follas vellas”.
Esta vez revisan o segundo tema da cara A, “Cheiras Funky”.

Debaixo de cada imaxe vai cadanseu play, cousas da tecnoloxía.Estás en temazo.org,
desfruta das marabillas da internete!

as congas son do mestre Willie Botello

Fluzo – Cheiras Funky (Hevi rmx) | Download

me paso el dia bailaaando, la coctelera agitaando!

Fluzo – Cheiras Funky (Javi rmx) | Download

96.Amor a mazo

yo no soy tu pero tu no eres yo

Luuume!
O novo dos Juanito Broders esta listo pra baixar!
No reprodutor “Bailar Pegados 2″. Coidado que pinga!

95.Fluzinstrumentais

te voy comprar unos technics!de pelicula!!

Benvidas!
Empezamos o 2012 con alegría!
MCs, DJs e amigas do karaoke, estades de sorte!
Fluzo publica as instrumentais do seu disco.
A baixar de moca na seción MP3.
No reproductor “Amiga Conductor”.

94.Vintecinco de decembro, pim pam pum!!

y las mamadas molan de puta madre

Xa está eiqui o novo traballo de Juanito Broders
“Y las mamadas molan de puta madre”.
4 cancións cas que descubrirás porque lles chaman
os Beatles galegos… o licor café feito música.
Podedelo baixar de moca na seción de MP3.
No reproductor o último tema, “Buenaventura”.

93.Boas cachas


Juanito Broders publicará o 25 de decembro un novo EP de catro temas
titulado “Y las mamadas molan de puta madre”.
Como adianto, o videoclip de “El Rap de las muchachas con unas buenas cachas”,
realizado por Uri Carrasco e gravado en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia).

92. Reparte Party

para que tu lo bailes

Marcelino Brown trae unha nova mixtape bigotuda,
máis tropical ca nunca, “Reparte Party”
a bailaaaaarrr ¡(*_*)¡

Esta semana sesions de Bigote Mix en Santiago:
-Xoves 24, Ultramarinos, 00:30
-Sábado 26, Pub La Radio , Concerto de Meneo 22:30

Sigue a lista de cancións pra chegar ó play!

Survivor -Eye of the tiger (Cumbia Tuning de Marcelino)
Frikstailers vs. Los Rakas – Sudaka Invasor vs. Soy Raka
Amalia Delgado con El Conjunto Inspiracion Santena – Carretera Al Canajagua
Eric Dez – Children of the Moombah!
Los Mirlos – Sonido Amazonico
Calle 13 -Cumbia de los Aburridos (Acapella)
El Hijo de la Diabla – Baika (TBCO Remix)
La Cumbia Moderna De Soledad – Crees que soy Sexy
Dj Rafa Calvano – the Salmon Cumbia
Los Mirlos – Makumba
Caballo & Javier Estrada – Chupa tu chupete
Andy Kisaragi – Spunn (oh yeah)
ELO feat. Fokn Bois – Fokn Future (JumoDaddys Moombahton Remix)
Mastiksoul – El Macho (Ben Tactic Moombahton Edit)
Al Pacheco – Temazcal Funk
El hijo de la Cumbia – Cumbia Regional
Sanchocho e’ Tigres – Lujo de Pobre (the Pobreton Dub Remix)
Akwid -Sentir la vida Remix (Acapella)
Pa Kongal – Quiere Bailar don Gil!!
Los Teen Agers – La Cinta Verde
Mawashi – Que rico!
The Shoes – Bored
POIRIER feat. Boogat – Que Viva (Acapella)
(aman(ha(a – (anti(o
Ceferino Nieto – El pajaro zum zum
Ron C – Do Dat Danz
Vulcano Beat 01
Jairomendez – Vice City Jairo
Bostich + Fussible – One Night (Remix)
Snoop Dogg – Sexual Seduction
Aoim – Remanso RMX
Vulcano Beat 02
Cocotaxi – Pivo!
Chavis – Bamboleo
Cerrone – Revelacion
Dany F – La Maxiteca
Los Espléndidos – Muchacha Provinciana
Fukkk Offff – BumBumBum
Climaco Sarmiento – Güiro y Guaracha
Pedro Infame – The Heretic Denbow
Orchestra Makassy – Mambo Bado
Holger – Beaver (Dj Chernobyl Remix)
El Galeno – Estrella de Plata
Rihanna – Only girl in the world (Acapella)
Steve Starks – Problems
Tony Seval – El Muerto
Mister Ri – Baile Pop (MiniMaxX & DJEJ Remix)
Murder Mark – I’m Ready Bmore Remix(Featuring K.S.)

91.East Coast – West Coast

still N#1

Marcelino Vulcano revisa o clásico de Tim Dog “Bronx Nigga”,
do discazo “Penicillin on Wax” do 91. E atrevese con este remexo…

Tamén anunciarvos os concertos de Furnier:
-Venres 4 de Novembro, Santiago, La Radio
-Venres 11 Novembro, A Coruña

90.Serafín

original Speed B-More Club

Juanito Broders teñen o novo EP da serie listo pra sair!!
4 temas que sorprenderan!… túzaros, románticos, gamberros e sentidos.
O EP titúlase “Y las mamadas molan de puta madre” e calquera dia deste outono
publicámolo, e a bailar!
Pra non deixarvos á seca, cortesia do señor Lino Vulcano, ven un remexo de “Un fin”
do anterior EP dos Juanitos “Los Colegas Paletos”. Un remexo sabrosón,
metade mash-up do London Calling dos Clash, metade Dance de coches de choque.

89.Follas novas, follas vellas. ^__^ Fluzo reinterpreta a Fluzo.


Fluzo presenta un proxecto titulado “Follas novas, follas vellas”,
no que os dous integrantes, Javi e Hevi, remisturan por separado
os 7 temas do primeiro traballo do grupo.
Nos vindeiros meses, iremos publicando cadansúa versión,
os Javi Remexos e os Hevi Remexos,
pra que vaiades desfrutando deste duelo de vaqueiros por capítulos,
e plantexarvos preguntas coma “que se bota diante, o viño ou a gaseosa??”

Amáis, se vos sabe a pouco, podedes ver a Fluzo en Vigo esta semana,
nun bolo con pinchada post-concerto.
-Venres 14 de Outubro, Vigo, Bar Fiesta de los maniquies, 22:30h.

Seguide pra baixo, despois de cada imaxe hay un play agardando!

mundo verde

Fluzo – Mundo Verde (Javi rmx) | Download

mundo verde

Fluzo – Mundo Verde (Hevi rmx) | Download

 

 

88. Un home transparente

transparente

Desfruten deste remix de “Un Home Transparente” dos Malandrómeda,
realizado por Néboa, a.k.a. Javi Álvarez, unha das metades terroríficas
de Fluzo, un señor que fai tantas cousas (e moi ben) que poderían pasar
unha tarde navegando pola súa web poderesmentales.com

 

87. A chorar a misa

Como diría Slick Rick...

Non crean o que din nos medios,
ainda menos o que laretan nas barras.
Queren saber de que vai isto todo??

-Juanito Broders+Malandrómeda+Bigote Mix
Sábado 3 de Setembro, Vigo, Alma 2.0

-TeMazo Showcase (Malandrómeda+Juanito Broders+Furnier)
Sábado 10 de Setembro, Santiago,  Festival Rockin Way

Vaino ver, sen Photoshop!

86.Subidón nas Rias Baixas

ti sabes quen é Willie D!!

Esta semana Fluzo esta in the chousa:
-Xoves 25, Vigo, Fábrica de Chocolate
-Venres 26, Cangas, Praza das Pontes

85. Still F.E.S.T.A.

que terán os fluzo que a todas colocan

Este mes seguimos a botar foguetes, apunten as súas seguintes festas:

FLUZO:
-Xoves 4 de Agosto, Liceo Mutante, Pontevedra.
-Venres 5 de Agosto, San Domingos de Bonabal, Santiago.
-Sábado 6 de Agosto, Alma 2.0, Vigo.

MALANDRÓMEDA:
-Sábado 13 de Agosto, Festival Brincadeira, Ordes.

84.Abofé Doutor

tiniManda

Concertos de Malandrómeda deste mes:

-Sábado 9 de Xullo, Festival éMundial, Sala Nasa, Santiago
-Sábado16 de Xullo, Festival da Chaira, Baltar, A Pastoriza

 

83.Chana Montana

tiniManda

Cortesía de Oscar Selektah e Markitos do Comando Katana
veñen estes remexos dos Juanito Broders, do album “Córtate las Penas”
No reproductor “El síndrome de Tony Montana”.

Este sábado 11 de Xuño:
-Malandrómeda na Festa do CineClube, en Santiago
-Juanito Broders + Bigote Mix, no Alma 2.0, en Vigo

82.Tamos como queredes

tiniManda

Marcelino Brown ten un novo mix chamado [miniMixHC],
feito en exclusiva pra os rapaces do Higher Club.
Emitiuse este mes no programa Red Bull Music Academy Selecto
que teñen en CUAC FM e reemitirase no Higher Street
de Radio Oleiros en Xuño.
Podedes escoitar ou descarga-lo programa no seu blog.

Lembrarvos os vindeiros concertos:
-29 Abril, Juanito Broders+A Tribu en Santiago na Sala Nasa
-4 Maio:
__Fluzo en Barcelona no Moog
__Furnier en Santigo no Avante
-5 Maio, Fluzo en Igualada no Hot Blues
-6 Maio, Fluzo en Cerdanyola no Circus
-14 Maio, Juanito Broders en Santiago na Casa do Patín
-26 Maio, Malandrómeda con LAR Legido en Santiago na Sala Nasa
-28 Maio, Malandrómeda en Bertamiráns no C.S. A Fouce

 

81.Unha versión da Macarena??

aa-ahh

Presentámosvos o tema que fixo Fluzo pra o recompilatorio
“Macarena: Versiones Domésticas desde el Procomún”,
unha proposta da xente do festival Zemos98 de Sevilla,
onde participaron os Fluzo na edición deste ano.
Podedes descarga-lo disco enteiro neste link.

Máis concertos dos teMazos:
-22 Abril, Malandrómeda en Vigo no Bar Alma
-28 Abril, Malandrómeda en Barcelona no Moog
-29 Abril, Juanito Broders+A Tribu en Santiago na Sala Nasa
-4 Maio:
__Fluzo en Barcelona no Moog
__Furnier en Santigo no Avante
-5 Maio, Fluzo en Igualada no Hot Blues
-6 Maio, Fluzo en Cerdanyola no Circus

80.Lovelacing

fluzo in da house

Atentas ós concertos deste mes:
-7 Abril, Fluzo en Sevilla, Festival Zemos98
-15 Abril, Fluzo en Milladoiro, Pavillón Polideportivo.
-28 Abril, Malandrómeda en Barcelona, Moog

 

79.Concertos Marzo!

o mais millor

Concertos neste mes de Marzo:

Venres 11, Malandrómeda en Boiro na Pousada das Ánimas.
Sábado 12,
-Furnier en Santiago de Compostela na Casa do Patín.
-Malandrómeda en Meiro no Bar Labranza.
Sábado 19, Fluzo en Bueu no Festival Non Parei.
Sábado 26, Malandrómeda en Bertamiráns no C.S. A Fouce.
Luns 28, Furnier en Santiago de Compostela na Reixa.

No reproductor “Balada Salvaje” de Furnier.

78.Malandrómeda a 45rpm

pequenos e rabudos coma alfredo landa

Este mes chegou o novo de Malandrómeda, un maxisingle con 2 novos temas,
que veñer de adianto do LP que están a preparar.
Xa o podedes comprar na tenda TeMazo ou baixalo de moca en MP3.
Inclue 2 remixes dos mestres Kaze e Mou, a instrumental do tema que tedes
no reproductor e 1 pista con sons de batalla pra a DJ máis selecta.

Estas son as datas de presentación, achegádevos:

12 Febreiro, Badulake, Órdes.
13 Febreiro, Casa das Atochas, A Coruña.
16 Febreiro, Ultramarinos, Santiago.
17 Febreiro, Casa de Arriba, Vigo.
18 Febreiro, Sala Super 8, Ferrol.
25 Febreiro, Sala The Star, Carral.

04 Marzo, Barriga Verde, Lalín.
05 Marzo, Sala Clavicémbalo, Lugo.
11 Marzo, A Pousada das Ánimas, Boiro.
12 Marzo, Bar Labranza, Meiro.

28 Abril, Moog, Barcelona.

77.A intro máis longa do mundo

Outro video de Fluzo, asi son as Polaroids.

76.Un fin

Ainda non viches o novo video dos Juanito Broders?
Pois dalle ó play e aumenta o volume!
Presentación de “Los Colegas Paletos” en Santiago,
o martes 18, ás 23h. na Reixa.
Espabilade que non colledes sitio!

75.Ata que pare o corasón

I bite you Like Mike Tyson

Adeus 2010,
despedimo-lo ano cun remexo do clasico de R.A. the Rugged Man co Agallah,
“Till my heart stops”, realizado por Lino Vulcano, e cun sabor ben 90eiro.
Máis mandanga o ano que ven, estades en temazo.org!

74.Chuletón

chuletooooon

Dj Bluemouse e Lino Vulcano volveronse xuntar
nesta mixtape titulada “Chuletón”.
Unha seleción de temazos de rap de difentes épocas,
pra remata-lo ano tranquilamente.
Podedela baixar ou escoitar no reprodutor.
Esta é a lista de temas.

Oxmo Puccino and the jazzbastards – Perdre et gagner
Mf grimm – My house
Tremendo Menda -  Vibraciones
Heltah Skeltah – understand
2 Pac – Got my mind made up
OC – Born to live
Cypress Hill – Illusions
Large Pro – Fo my people
Souls of Mischief – Poets
Cella Dwellas – Worries
Lord Finesse – Hip to the game
Godfather Don – Conections
Blu – Dancing in the rain
Redman – yesh yesh yall
Absent Minded – Majestic Flow
Sondoobie – Heavyweight
Anita Tijoux – Crisis de Mcs

73.Roubando cuchos

last night here it go a la casa de tu tio

Este mes rachamos ca pana!
Se a semana pasada foi a Balada Salvaxe de Furnier,
hoxe traemosvos o novo EP de Juanito Broders,
Los Colegas Paletos“, seguinte nivel nas turbinas dos JB,
musica pra xente que MOLA.
Amáis informar de 2 bolos de Malandrómeda:
-Xoves 16,Casa das Crechas, Santiago, 22:30h.
-Xoves 23, Boiro, A Pousada das Ánimas, 23h.
No reproductor un tema do novo dos Juanitos.

72.A balada salvaxe de Furnier

balada salvaje

Furnier esta de volta, un maxi con 2 temas novos,
nos que o MC nos abre o seu corazón ca punta da navalla.
Balada salvaje” xa pra descargar na seción MP3.
No reproductor “Nadie puede destruír lo que siento”.

71.Vente pra eiqui!!

Novo video de Fluzo, un “Mundo Verde” en Super 8.
Concertiños de Fluzo en Novembro, organizados por Opachavales:
-Martes 23 , Casa das crechas, Santiago
-Xoves 25,con Tetra&Freek,Luommo di Goma e Metralletas Lecheras,
Sala Capitol, Santiago
(retransmitido en direto no Planeta Furancho, RTVG)
-Venres 26, con Sr.Anido, Casa das Atochas. A Coruña
-Sábado 27, Sala Super 8, Ferrol