
Fluzo presenta un proxecto titulado “Follas novas, follas vellas”,
no que os dous integrantes, Javi e Hevi, remisturan por separado
os 7 temas do primeiro traballo do grupo.
Nos vindeiros meses, iremos publicando cadansúa versión,
os Javi Remexos e os Hevi Remexos,
pra que vaiades desfrutando deste duelo de vaqueiros por capítulos,
e plantexarvos preguntas coma “que se bota diante, o viño ou a gaseosa??”
Amáis, se vos sabe a pouco, podedes ver a Fluzo en Vigo esta semana,
nun bolo con pinchada post-concerto.
-Venres 14 de Outubro, Vigo, Bar Fiesta de los maniquies, 22:30h.
Seguide pra baixo, despois de cada imaxe hay un play agardando!

Fluzo – Mundo Verde (Javi rmx) | Download

Fluzo – Mundo Verde (Hevi rmx) | Download
0 Responses to “89.Follas novas, follas vellas. ^__^ Fluzo reinterpreta a Fluzo.”