57.Cheiras Funky

Fluzo esta na casa! Presentando no TeMazo novo videoclip, a súa web fluzeando.com

e o seu primeiro disco, que xa podedes comprar nas millores tendas ou na nosa tMshop.

Ou descargalo de moca na súa versión MP3. A fluzear!

56.Aterraxe

7

Malandrómeda estará actuando en directo
no programa “Planeta Furancho” da Radio Galega Música,
o vindeiro venres 16 de abril, das 11 ás 12 da noite. Sintonizaos!

55.Pestrutape!

7

Nova mixtape no TeMazo, os ritmos máis vacilóns soltanos os dedos máxicos de DJ Oso.
Pra este DJ non hai estilos millores ca outros, el só cre en cancións boas. E sabe como xuntalas.
Unha seleción dunha hora de música pra facerlle a party,  frotar bisté ou poñer no carro cas ventanillas baixadas.
Na nosa seción MP3 ou na seguinte link. Pasa do pause.
Pestrutape Vol.13, rapazada!

54.Non me esquencer…

7

Esta semana 2 concertos:

-Venres 5 de Marzo, Malandrómeda e La Phaze na Sala Nasa, Santiago.

-Sábado 6 de Marzo, Furnier na Casa das Atochas, A Coruña.

53.ReConto

7

Ai vai un novo reconto dos prosimos concertos dos TeMazos:

-6 de Febreiro no Porriño, no Liceum, Malandrómeda.
-13 de Febreiro en Burgos, na biblioteca La Maldita, Furnier.
-14 de Febreiro en Santiago, na Sala Nasa, Malandrómeda.
-19 de Febreiro en Porto, na Sala ContagiArte,
Malandrómeda, Juanito Broders e Dj Bluemouse.
-6 de marzo na Coruña, na Casa das Atochas, Furnier.

No reproductor un remix de Festa Malandrómica, curtido por P.Damauzz,
productor de Laboca (máis traballiño deste progra-monstro en laboca.ws)

52.Festas Malandrómicas

7

Prosimos concertos de Malandrómeda:

-23 de Xaneiro en Lalín, na Tarabela
-6 de Febreiro no Porriño, no Liceum
-14 de Febreiro en Santiago, na Sala Nasa

No reproductor o último machucau de Lino Vulcano
Malandrómeda VS. Hi Gloss. Cousa boa!

51.Chegaron os Reises

Máis info na version en ingles

50.sopa

7

Pra despedi-lo ano, o Marcelino
xuntouse cun vello amigo e fixeron
unha mixtape con alguns dos seus
temas favoritos publicados no 2009.
Bluemouse & Vulcano traenvos “Sopa”
Unha horiña de música R.A.P. en MP3
Apreta eiqui pra baixala xa.
No reproductor podedes escoitarlle a intro.

49.Cada ollo con cadansúa cor

Ei parroquia!! Malandrómeda en direto en decembro.
O mércores 2 no Ultramarinos en Santiago
e o venres 18 no Badulake en Órdes.
Se non podedes ir, este video é da súa actución na
Habitación de Felucas, ca que inaguraron a seción
de Opachavales.com, a web favorita de Tita.

48.Fluzeando por Soneares

Ainda que sen data fixa, seica teremos a Fluzo nos nosos tocadiscos no 2010.
Pra as que máis lle ferve, temosvos este video do tema “Amiga conductor“,
en directo no Sónar 2009 (cortesía de Neboa, padriño dos camándulas).

47.ai o San Froilán!

7

Atención Lugo!
no medio de tanta festa
estarán actuando no Superfly
este venres 9 de Outubro
Malandrómeda e Juanito Broders
e pinchada do Dr.Think

46.Os Warriors

7

Se os Warriors chegaron a Coney Island
Nada vai impedir que a panda
mais puchona do rap compostelino
chegue este sábado 19 á Illa de Arousa.
Furnier, Juanito Broders e Malandrómeda
estarán tocando no cine Capitol a partires
das 8 da tarde. Haberá birransa e mexilós!!
E tamén rocanrol.

45.Estanche vivos

7

Proximos TeMazos en concerto:
-Malandrómeda, 10 de Xullo, Lalín
-Malandrómeda, 24 de Xullo, Ribadeo
-Juanito Broders, 31 de Xullo, Ribeira

A ContraMixtape de Lino Vulcano ainda está quentiña.
Furnier contra Ghostface no reproductor.

44.Cinemalandrómico

7

Malandrómeda estará na festa do CineClube de Compostela
no C.S. O Pichel, este sábado 4 de Xullo.
No reproductor outra fozada do Lino Vulcano,
descarga xa a TeMazo ContraMixtape!!

43.A sesión favorita de Piker Pimp

7

Este sábado 6 de xuño, na Sala Nasa de Santiago
Concerto de Malandrómeda e Juanito Broders
e sesión de DJ Bluemouse. Ás 21:30.

Seguindo ca promo da “TeMazo.org ContraMixtape
tendes no reproductor outra fozada de Lino Vulcano.
Iron Mon VS. Special Ed & Eric B and Rakim &
Big Daddy Kane, Golden Age pura neno!!

42.Unha hora co Vulcano

hoy-tengo-pasta_give-it-to-me

Queremos presentarvos o novo traballo de Lino Vulcano,
a “TeMazo.org ContraMixtape“.
Unha sesión na que enfronta os rapeos de grupos de TeMazo
con bases míticas de grupos de USA.
Unha hora de música sen parar, presentada por Piker Pimp.
Xa a tedes a baixar de moca na seción MP3.
O resultado do experimento son cousas coma este
Furnier VS. Necro, unha curiosa “Internacional del mal”…
Apreta o play!

41.FLUZO

7

Delicatessen.

40.o número máxico

7

Este sábado 14 de marzo, no pub Norfolk (Santiago)
estarán actuando Furnier, Malandrómeda e Mentenguerra.
Nono perder!
E un aviso a navegantes, xa está tamén na TendaTeMazo,
o último single de Malandrómeda.

39. patrón! outra de churrasco!

churrasco

A partires de hoxe Órdes será famosa, amais dos grelos,
polo churrasco do mestre churrasqueiro Mou, de DKTC.
Este grande produtor meteu en adobo ós Juanito Bros
varias semanas, e aquelouno na brasiña con pacencia.
O resultado é este remexo listo pra unha boa enchenta.

38.Juanito Bros VS. theSekones

sindromeDeTonyMontana

theSekones troixo un remexo de
el síndrome de Tony Montana
dos Juanito Broders. A beilare!