Archive for the 'Galego' Category

Page 4 of 10

67.Tamos na taverna de Mou tomandolle unhas Mouxtapas

que pete neno

O produtor e rapeiro Mou sacouvos hai pouco
unha mixtape que recompila alguns dos seus traballos
que nunca foron editados en disco, chamoulle a “Mouxtape”.
Toda unha viaxe co rei das “baterias-chimpín” na que tamén
selecionou os seus remexos de Juanito Bros e Malandrómeda.
Podedela baixar de moca na súa taverna-web.
Unha cunca tomaselle, non si??

66.Barselona cheira funky, disque

vina o outro día no coche daquel paisano, e sorría

Este mércores 29, concerto de Fluzo en Barcelona
no Moog ás 21h.
No reproductor un novo remix de Lino Vulcano
o “1-800 Suicide” dos Gravediggaz.

65.Que é TeMazo?? I

Presentamos o primeiro dunha serie de videos
que realizou xente de eidos moi diferentes,
de dentro e fora do Hip Hop, pra axudarnos
a difundir e promocionar o blog pola rede.
Sen condicións ningunhas, o único que se lles plantexou
foi esta pregunta: “Que é TeMazo??”
Abrimos co que nos enviou o MC galego-suizo Gran Purismo,
toda unha declaración de amor o vinilo.
Dalle ó play.

64.Laboca

Peito,Laboca

Remix do grupo madrileño Laboca, cociñado polo Hevi,
O tema, “Misa de Una”, pertence ó seu disco “Las Misas”.
Cocidiño, pulsen o play.

Proximos concertos:

-Furnier, Venres 27 de Agosto, Festival Noites de Encanto, Corme.
-Malandrómeda, Sábado 11 de Setembro, Sala ExCantina, Bruselas.

63.Don’t belive the hipi

PE

Onte estiveron os Public Enemy en Vigo…
tocaron a maioria dos temas do 2º e 3º disco!
Foi emocionante, tanto que Marcelino rematou
o seu remix de Public Enemy number 1
pra publicar hoxe no TeMazo.
Ainda non é tarde pra avisarvos destes concertos:

-Fluzo, sábado 7 de Agosto en Bueu, no Troula na Banda
-Malandrómeda, venres 13 de Agosto en Vilagarcía, no Urban VGA

E grandisima oferta en Agosto na tenda TeMazo,
camiseta e disco de Malandrómeda 20 euriños.

62.Oferta Xullo

7

Tini Templado nono cre…Tamos botando por fora
A auténtica camiseta do Churrasco
e máis o vinilo dos Juanito Broders
xuntos por 20 euriños!!
Hai que mercalo pra crelo…na tenda TeMazo.

61.Bótalle caldo

7

Presentamovos a nova mixtape do Marcelino,”Booty Call (bótalle caldo)“.
Unha sesión trangalleira e divertida, con cousas tan diferentes coma
Ice T, McNamara, Tati Quebra Barraco ou Fukkk Offf,
a festa está asegurada!!
Podedela descargar na seción MP3 ou escoitala enteira no reproductor.

Anunciarvos a participación de Furnier
no Festival Hip Hop do Val da Amahía
o Sábado 19 na Carballeira de Santa Minia (Brión).

E lembrarvos as dúas datas de Fluzo desta semana:
Mércores 16 no Ultramarinos, Santiago
Sábado 19 no Festival Sónar, A Coruña

60.FLUZO in da house

7

Este mes de Xuño,
Fluzo estará presentando o seu disco,

Venres 11 no Badulake, Órdes
Domingo 13 na Tarabela, Lalín
Mércores 16 no Ultramarinos, Santiago
Sábado 19 no Festival Sónar, A Coruña

e ti que vas facer??

59.Vinileitor

Temazo.org en vinilo dende o 2006…
DJ Kaze fai unhas rutinas cas pistas de batalla que traen
os discos de Malandrómeda e Juanito Broders.
Atención amantes do plástico…quedan poucos!
E se os TeMazos non chegan á vosa tenda habitual,
podedes mercalos na nosa tenda online.

58.Dous Secretas

7

Fluzo presenta disco en Barcelona este mércores 12 no Red Rocket ,
e faran un showcase o sábado15 en Roses na Ona.
No reprodutor “Dous Secretas”, do seu disco debut.